19 de set. de 2009

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL PROPÓN UNHA REBAIXA DE TAXAS E PREZOS PÚBLICOS PARA O VINDEIRO ANO 2010

Infogauda / A Guarda

Para seu debate na vindeira sesión plenaria ordinaria, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal no concello de A Guarda presentou no día de onte, no rexistro municipal de entradas, á seguinte proposta:
REBAIXA DE TAXAS E PREZOS PUBLICOS
Nestes momentos que por parte do equipo económico do noso Concello se están elaborando (supoñemos) os presupostos municipais para o vindeiro ano 2010, e tendo en conta que nas taxas e prezos públicos se toma como referencia o I.P.C. do mes de abril.
No só, tendo presente que estamos nún momento moi difícil para as clases que teñen menos recursos, senón, en termos xerais, para casi toda a nosa poboación, especialmente, se está sentindo no peche de pequenos comercios, e en moitos casos na redución de persoal nas empresas de ámbito familiar ou con número reducido de empregados.
Tendo en conta que o incremento do I.P.C. foi negativo, (-0,2%), dende o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a solicitar que o Concello de A Guarda, proceda a revisar as taxas e prezos públicos para o ano 2010 rebaixando como mínimo o I.P.C. de abril.
A Guarda, a 18 de setembro do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Apartado de Correos, 5
36780 A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario