19 de set. de 2009

A GUARDA

O GRUPO DE ACORDEÓNS MASCARENHAS ACTUARÁ NO CENTRO GALEGO DE LISBOA (PORTUGAL)



Infogauda / A Guarda


O Grupo de Acordeóns Mascarenhas, de A Guarda, actuará o vindeiro día 3 de outubro no Centro Galego de Lisboa (Portugal).
Segundo nos informou José Luís Lorenzo Rodríguez, presidente da Asociación Musical Mascarenhas e director do devandito Grupo de Acordeóns, a actuación constará dunha primeira parte formada por obras galegas, e na segunda, interpretarán pezas do seu repertorio internacional popular.

Segundo puido saber Infogauda, na súa viaxe a capital lisboeta, os compoñentes do Grupo de Acordeóns Mascarenhas contarán coa presenza de familiares e amigos que os acompañan nesa viaxe ao fraterno país irmán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario