FESTAS EN RIBADAVILA NA HONRA DA VIRXE DA GUÍA
Infogauda / A Guarda
Este venres, día 4 de setembro comezan, en Ribadavila (A Guarda), as festas na honra da Virxe da Guía que terán lugar na Praza da Guía, a carón da capela adicada á Padroeira dos camiñantes e dos mariñeiros.
A primeira das verbenas será amenizada polas orquestras Los Estelares e Saudade 73.
O sábado día 5, corresponderalles ós grupos Tráfico y José Costas, e Alabama, animar a segunda gran verbena.
E o domingo - o Día Grande destes festexos -, a primeiras horas da mañá fará súa entrada na vila a Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda, que dirixida por Víctor Luís Alonso Treinta, percorrerá as rúas interpretando dianas e alboradas, animando a poboaación a partircipar en tódolos actos dese día.

ACTOS RELIXIOSOS
O domingo, ás 11:30 h. oficiarase a misa solemne con sermón. O remate da Eucaristía, a imaxe da Virxe da Guía será sacada en procesión, na compaña de Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda, percorrendo as seguintes rúas: Calvario, Manuel Rodríguez Sinde, San Bernardo, José Mª Andreini, Puerto Rico, Baixada á Praia e retorno á Praza da Guía.

AS TRADICIONAIS POXAS, A TIRADA DE FOGUETES E A DERRADEIRA VERBENA: TRES GRANDES EVENTOS
Pola tardiña, arredor das 19:00 h., escomenzarán as tradicionais poxas, coa subhasta das ofrendas aportadas polos devotos da Virxe da Guía. Non deixará de haber peixe de coiro curado o sol, postres, froitas do país, viños, licores tradicionais, maquetas de embarcacións, prantas ornamentais, panos bordados, etc..
O remata-las poxas escomenzará unha atronadora tirada de foguetes, considerada desde fai varias décadas, como insuperable en toda a bisbarra.
Logo da tirada de foguetes, e scomenzará a derradeira verbena destas festas, que estará amenizada polo grupo Ilusión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario