4 de set. de 2009

A GUARDA

“AVELAÍÑA cun pasiño mais adiante, sobre rodas”

Asociación Avelaíña / A Guarda
O vindeiro día luns 7 de setembro ás 12 horas, terá lugar na sede da Asociación Avelaíña, en Salcidos (A Guarda) un acto no que estarán presentes Jesús María Fernández Portela (alcalde-presidente do Concello do Rosal e deputado provincial), e a presidenta de Avelaíña, Carmen Liliana Vicente Barreto, co obxecto de asinar, como cuarto subscritor, o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, Caixanova e Autómoviles Citroën España S.A.
Coa sinatura do mencionado convenio, a Asociación Avelaíña poderá acceder á compra dun vehículo marca JUMPY HDI 92 Combi L 8/9 PL, coa achega do 25% do custo do automóbil (25.011 €) máis os gastos que implique a súa matriculación.
Destacar que esta concesión – agardada xá dende hai tempo atrás - supón un importante avance para a expansión e prestación dos servizos desta asociación e polo tanto tamén significará a mellora na atención ós afectados con enfermidade mental da área de Val Miñor, poboación para a que se destinará este recurso co obxecto de facilitar o seu acceso ós programas asistenciais de Avelaíña. Por todo elo nos felicitamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario