A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco reuníuse hoxe co grupo de goberno do Concello de A Guarda
Ángel Luis Baz Vicente
Presidente de Ábaco
A Guarda
Este venres tivo lugar na casa do Concello de A Guarda, entre os membros do equipo de goberno guardés e a Xunta Directiva de Ábaco, en resposta a unha solicitude feita por esta Asociación despois de haber mantido nos meses de xullo e agosto contacto cos comerciantes da Praza de Abastos e de ter entregado por rexistro de entrada 17 solicitudes pedindo solucións do estado actual da praza de abastos.
Unha reunión que foi presidida polo alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, tamén contou coa presencia dos concelleiros de Comercio, Tráfico e Vías e Obras que xunto co presidente de Ábaco, Ángel Baz; a súa vicepresidenta, secretaria e a vogal que leva o área da Praza, debatiron sobre os pasos a seguir para subsanar deficiencias que presenta a praza a curto prazo e como afrontar a reforma integral da mesma a medio e longo prazo.
Ángel Baz quixo manifestar tamén o incomodo de esta asociación por non ter aproveitado a visita que o delegado territorial da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Cores Tourís fixo A Guarda o pasado mércores 16 de setembro e na que se tratou este asunto entre outros, para presentarlle nunha recepción oficial cando menos a un representante de cada partido político así como os representantes das asociacións empresariais de A Guarda, dándolle así un valor engadido a todos estes proxectos.
Estas inquedanzas querémolas trasladar tamén ó Partido Popular de A Guarda dirixido por Fátima Iglesias que en máis de unha ocasión ténse queixado da falla de diálogo por parte do goberno local. Fátima Iglesias aproveitando a visita de Cores Tourís, tamén do Partido Popular, tivo a ben presentarlle as instalacións, directiva e persoal dunha asociación de comerciantes ignorando ós demáis colectivos como Ábaco, Confraría de Pescadores, Espaderos Guardeses, Orpagu, Asociación de Redeiras, etc.. Dende esta asociación consideramos que estas actuacións son as que debemos cambiar sobre todo se presumimos de defender os intereses globales dun pobo por riba de todo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario