7 de set. de 2009

A GUARDA

UN PASIÑO MAIS, SOBRE RODAS


De esquerda a dereita: Carmen Barreto de Vicente, presidenta de Avelaíña; Jesús María Fernández Portela, deputado provincial e Alcalde de A Guarda; e Rafael Alvarez Martínez, xerente de Avelaíña.
Infogauda / A Guarda
Hoxe luns 7 de setembro de 2009 asinouse o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Avelaíña para a adquisición dunha furgoneta marca Jumpy HDI 92 Combi l 8/9 Pl. Neste convenio participan tamén Caixanova que aportará o 23,1%, Automóbiles Citroën cun desconto do 30,7% e Avelaíña que aportara o 23,1% restante dos 25.011,00 do valor do vehículo, así como os gastos de taxas e matriculación que correspondan.

A este sinxelo acto realizado na sede de Avelaíña, en Salcidos acudiron Jesús Mª Fernández Portela, deputado provincial e alcalde de O Rosal, en representación da Deputación; Carmen Barreto de Vicente, presidenta de Avelaíña así como a xunta directiva; profesionais da asociación e persoas afectadas do Baixo Miño e Val Miñor. Resaltouse a importancia que supón a adquisición desta furgoneta que permitirá e axudará a posta en funcionamento de diferentes programas e servizos de Saúde Mental xestionados por Avelaíña para persoas con enfermidade mental e familiares do Val Miñor, ademáis dos que a asociación xa tén en funcionamento no Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario