6 de set. de 2009

CELANOVA

Feijóo salienta que a Real Academia Galega é “depositaria da memoria” e achega ao presente “a visión de Galicia como un país que compite unido para superar os problemas e celebrar os logros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu o acto de entrega do XXV premio "Celanova, casa dos poetas", organizado pola Fundación Manuel Curros Enríquez e que este ano se lle concede á Real Academia Galega
Fotos: Xoán Crespo



O titular da Xunta presidiu esta mañá o acto de entrega do XXV Premio Celanova, Casa dos Poetas, que recaeu na institución lingüística

“A Academia foi durante moito tempo o anticipo da Galicia que queriamos: plural e amigable; punto de encontro de galegos espiritualmente libres, que soñaban cunha autonomía que servira para que as mulleres e homes se realizasen á súa maneira, lonxe de dogmatismos e sen máis modelos que eles mesmos”, asegura

Remarca que os galegos “somos hoxe o que queremos ser e somos gobernados como decidimos selo. Somos plenamente libres”, sinala, indicando que sería un erro pensar que a democracia non precisa “doutros puntos de referencia”
Sitúa en Galicia o “faro espiritual” que representan
Infogauda / Celanova

O titular da Xunta presidiu esta mañá o acto de entrega do XXV Premio Celanova, Casa dos Poetas, que recaeu na institución lingüística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario