TEMPADA DE CENSOS 2009-2010
Grupo de persoas participando nun dos censos realizados o pasado ano
Foto: Agustín Ferreira-ANABAM.
Anabam / Baixo Miño
O sábado 26 de setembro, comeza para ANABAM a tempada de Censos de Aves Acuáticas no Esteiro do Miño, que continuarán nos vindeiros meses, a razón de un por mes, ata marzo do ano próximo.
Os censos permiten coñecer o estado ornitolóxico do último tramo do Miño, particularmente da súa desembocadura, que é a zona de maior querencia de aves.
Nos últimos anos nótase un acusado descenso nalgunhas especies, como xa puxemos de manifesto en máis dunha ocasión. A tendencia cremos que pode continuar nos vindeiros anos. As causas poderían estar no cambio climático. Veremos, en calquera caso, como se desenvolve esta tempada.
Ler máis.

Ningún comentario:
Publicar un comentario