3 de set. de 2009

BAIXO MIÑO

NOITES DE TANGO CON “LA MINITÍPICA”, NO BAIXO MIÑO
-
VENRES 4 DE SETEMBRO NO ART CAFÉ DA GUARDA
- SÁBADO 5 DE SETEMBRO NO CENTRO GOIANÉS



Carmen Somoza / Baixo Miño
O vindeiro venres 4 de setembro “La Minitípica” ofrecerá no Art Café, sito na Praza do Reló da Guarda, a partir das 23.30 horas, un recital de tango e outras manifestacións do folclore arxentino.
O sábado 5 de setembro actuará no Centro Goianés, ubicado na Avda. Ordóñez s/n, de Goián, acompañada polos seus bailaríns.
“La Minitípica” é unha formación que naceu en Galicia hai catro anos para difundir a música do Río da Plata. Está composta por dous músicos bonaerenses Gerardo Rebagliati, voz e segunda guitarra, Juanma Ons, guitarra e segunda voz, e o galego Brian Moure ao contrabaixo.
Realizaron máis de 55 concertos, demostrando a forza do seu directo en Buenos Aires (Arxentina), Düsseldorf (Alemaña), Rodas (Grecia), Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Mos, Tui, A Guarda, Baiona, e outras localidades galegas.
En vivo dan a coñecer o seu amplo repertorio, ofrecéndolle ao público na súa meirande parte música de tango, pero tamén milongas e candombé, así como outros ritmos arxentinos, en espectáculos de 90 a 120 minutos de duración.
O seu terceiro CD foi patrocinado pola Escola de Imaxe e Son de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario