O BNG ve 'escandalosa' a ampliación da granxa de Mougás xa que as instalacións son 'ilegais'
Infogauda / Oia
O BNG cualifica de 'escandalosa' a decisión da Xunta de autorizar a ampliación da planta acuícola de Mougás (Oia) ao denunciar que as instalacións actuais se atopan nunha situación de 'absoluta ilegalidade', que avala unha sentenza xudicial, segundo asegura a formación nacionalista galega.
O deputado do Bloque Bieito Lobeira, que presentou unha iniciativa parlamentaria sobre esta cuestión, considerou a decisión da Xunta de "escandalosa, arbitraria e caciquil", ao soster que "implica legalizar unha instalación ilegal" que, segundo afirmou, "excede nun 48 por cento a edificabilidade máxima de parcela" e provoca "problemas de contaminación".O portavoz de Pesca do BNG tamén recordou que a Dirección Xeral de Urbanismo do Goberno bipartito lle abriu á empresa, "xa instalada", un expediente por infracción urbanística. Ademais, Lobeira indicou a existencia dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que "obriga á súa demolición".Así mesmo, o parlamentario nacionalista chamou a atención sobre a decisión do Consello da Xunta do pasado 30 de xullo, na que se aprobou a ampliación en 7.786 metros cadrados da planta de produción de cría de rodaballos. Lobeira pregunta ao actual Goberno se “é consciente da situación ilegal" da empresa.Por outra banda, tamén lle preguntou ao Goberno autonómico se adoptará "medidas en defensa da legalidade, e ata racionalidade" desde o punto de vista urbanístico e ambiental relativo á citada planta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario