29 de ago. de 2009

A GUARDA

NOVOS APOIOS A PROPOSTA DE NOMEAR O POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA, A TÍTULO PÓSTUMO







De esquerda a dereita: O poeta e profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro; o cantautor, compositor e músico Tino Baz; e o Catedrático emérito de Literatura Galega, membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, Xesús Alonso Montero, no Centro Cultural e Social de A Guarda



Infogauda / A Guarda


Pouco a pouco, os apoios a proposta de nomear o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda, ván a máis. Proba diso é que tanto a Asociación Arpegios Cantabile como a Asociación Musical Mascarenhas, con enderezo social en A Guarda, e presididas ambas as dúas polo compositor, músico e profesor José Luís Lorenzo Rodríguez, presentaron no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, os respectivos escritos de apoio a proposta presentada nese concello a favor do nomeamento de D. Xosé Carlos Gómez Alfaro, como Fillo Adoptivo desta vila.
Desde Infogauda, animamos a tódolos colectivos culturais, deportivos e sociais, así como a centros educativos e mesmo persoas a título individual, a que apoien esa iniciativa, que tén como propósito, sensibilizar os representantes da institución municipal e de acordo co Regulamento de Honras e Distincións, da-los pasos necesarios para tributarlle o poeta X. C. Gómez Alfaro, unha merecida homenaxe na vila de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario