6 de ago. de 2009

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA "ESQUECEUSE" DE ANABAM NA I MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS DA GUARDA


O material recollido por ANABAM deu lugar ao primeiro Museo do Mar que tivo A Guarda. Instalado no Centro Cultural, gracias á Purificación Álvarez, por aquela Alcaldesa da Guarda, á que vemos na fotografía co que era Conselleiro da Xunta de Galicia, o tudense Diz Guedes, mostrando satisfeita e orgullosa as pezas do material exposto.
Informa: Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM)

A Guarda


A I MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS desenvolveuse na vila guardesa os pasados días 25 e 26 de xullo. Nela estiveron presentes tódalas asociacións e entidades locais que teñen algo que ver co mundo do mar, agás unha: ANABAM. Nin un contacto, nin unha invitación (bueno sí, houbo unha un par de horas antes da presentación da mostra no Centro Cultural para invitarnos a asistir como público no acto), nada de nada. Para o Concello, ANABAM non existiu. Tal vez os organizadores descoñecían a nosa relación co mundo do mar (en tal caso comprendemos o esquecemento dos mesmos) a pesares de que fomos os precursores do Museo do Mar da Guarda; a pesares de que fomos os pioneiros na recollida de material relacionado co mundo dos mariñeiros da Guarda; a pesares de que parte desas pezas recollidas están no actual Museo do Mar; a pesares de que editamos a única publicación monográfica existente das marcas dos mariñeiros; a pesares de que...
Na Guarda, como soe decirse, coñecémonos todos e máxime cando unha asociación como ANABAM, que non é de onte nin de noutronte, que ten case que 25 anos de existencia, sendo unha das máis antigas da localidade, resultaría grave que fose por esquecemento da organización. Se fósemos mal pensados, "pensariamos" que hai algo no Concello contra ANABAM porque en dous meses xa van algunhas "cousiñas" que xurden. E non comprendemos esta actitude a sabendas de que sempre que se nos pediu a nosa colaboración nunca a negamos.
Aínda tendo en conta todo o anterior, e como en ANABAM non temos por norma gardar rencor a ninguén, vaia a nosa felicitación á organización polo éxito e o acerto desa I MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS na que nos gustaría haber estado.

A relación de ANABAM co mundo do mar e cos mariñeiros está plenamente xustificada, como mostra, aí están as publicacións "As marcas dos mariñeiros da Guarda", editada no ano 1995, e "Útiles e aparellos do Museo do Mar da Guarda", ano 1997. A primeira delas, cunha grande difusión, pode descargarse de internet no enderezo AS MARCAS DOS MARIÑEIROS DA GUARDA Ámbalas dúas tamén poden solicitarse a ANABAM.

Ningún comentario:

Publicar un comentario