28 de ago. de 2009

CINEMA

PRESENTACIÓN DO PROXECTO AUDIOVISUAL
BERBERECHO II



Infogauda / Baixo Miño



Unha curtametraxe de J. M. Bazarra “Sepi”.


Qué é o Berberecho II?
O Berberecho II é un proxecto dunha curtametraxe de ficción que se vai a filmar os días 5, 6, 7 e 8 no Concello da Guarda e en Caminha.
Que conta a historia da curtametraxe?
A historia do Berberecho II é unha curtametraxe que se pode situar dentro do xénero da comedia e onde o seu protagonista intentará cruzar o transbordador rumbo a Caminha despois de despertar o luns despois do Domingo da Festa do Monte.
Orixe do proxecto…
Esta curtametraxe vai a primeira secuela do audiovisual galego. En 2001 o mesmo equipo realizou como practica de escola o Berberecho (http://flocos.tv/curta/berberecho/) onde o mesmo protagonista analiza con nihilismo e mordacidade a variopinta fauna social que se daba cita nun dos máis famosos bares de Santiago: o Berberecho. Oito anos despois imos a apreciar o salto no tempo cando se atopa por casualidade nun ferry que leva por nome Berberecho II.
Quen son os responsábeis?
A direción corre a cargo de J. M. Bazarra “Sepi”, un novo talento do audiovisual galego con experiencia na relización de curtametraxes e que está a espensas de poder materializar varios proxectos de longametraxes e programas de televisión. Bazarra encabeza un equipo de profesionais (14 persoas) con ampla experiencia no medio audiovisual, algún deles son da Guarda.
Quen apoia o proxecto?
O proxecto recibiu unha axuda á produción de curtametraxes por parte da Consellaría e Cultura e Turismo da Xunta de Galicia no presente ano. Tamén conta coa colaboración da Morraceira-Asociación Cultural. Tamén conta coa colaboración do Concello da Guarda e da Câmara Municipal de Caminha.
Valores do proxecto
O audiovisual converteuse na mellor ferramenta de promoción turística dunha zona ou un país. Berberecho II sacrificarase neste aspecto xa que vai contar coa mellor cámara dixital da actualidade (REDONE) para coidar a fotografía e destacar as excelencias da paisaxe do último tramo do río Miño. Berberecho II recorre aos máis altos valores turísticos da desembocadura do Miño para xogar a certo contrapunto. Con humor e ironía o protagonista percorrerá un periplo que comeza na cima do Monte Santa Trega, pasa polo castro, a travesía no ferry e, ao final, Caminha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario