28 de xul. de 2009

SAÚDE

CORREO FALSO: NON ATENDE-LO


Infogauda / A Guarda

Por motivos que descoñecemos, chegou o correo da Infogauda - como seguramente a outros moitos usuarios dese servicio de telecomunicacións - unha mensaxe urxente, supostamente remesado desde un hospital de Valencia. Na devandita mensaxe solicitábase sangue de un determinado grupo para un pequeno de 10 anos. Postos en contacto telefónico co centro hospitalario se nos informou que esa mensaxe é falsa. Por iso, suxerimos que non se reenvíe o contido dese correo para non alarmar innecesariamente a ninguén.
Desde Infogauda reprobamos a conducta dos individuos que se adican a remesar ese tipo de correos lixo, cuia finalidade non atinamos a comprender, pero que neste caso, afortunadamente non tén ningún sentido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario