1 de xul. de 2009

O ROSAL

O SAN XEROME NO VERÁN CULTURAL DO ROSAL 2009


Carlos González Blanco / O Rosal
O “Verán Cultural”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Rosal ten programado diferentes actividades dende o 4 de xullo ata o 30 de agosto. Música, teatro, exposicións, maxia, cine ... animarán o verán 2009, no Auditorio municipal e na Praza do Calvario do concello rosaleiro.
Nesta programación, e no apartado “CAPACIT@D@S” , ten unha importante presenza o Centro San Xerome, xa que o dia 5 de xullo as 20 h. proxectaráse no Auditorio Municipal do Rosal o documental “Cantos rodados” , que según o seu director Xoel Méndez, é un canto a prol da integración, unha mostra de coraxe e vitalidade, un filme adicado a todos/as os que loitan por facer do noso ser algo máis humano.
O dia 11 de xullo, as 20,30 h. o grupo de teatro Xeratrium, tamén no Auditorio municipal rosaleiro, representará a obra “Moito ruido e poucas noces”, baseada nunha obra de W. Shakespeare.
O mesmo grupo de teatro dirixido por Irene Moreira e Alex Sobrino, representará o dia seguinte, o domingo dia 12 de xullo , a obra “Cabaré da rúa” , diferentes números musicais de maxia, clown, baile, ... onde o fio conductor é unha rua na que descubrimos que os feitos cotiás poden ser sublimes se os ollamos con atención. Esta obra, participou recentemente no concurso de Educación Vial organizado pola Dirección xeral de tráfico, sendo finalista do certame a nivel estatal, e do que ainda non se coñecen os gañadores.
Agradecemos dende o San Xerome, a oportunidade que nos brinda o Concello do Rosal de amosar a todo o Baixo Miño o traballo realizado no Centro neste último ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario