O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL APOIA A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

Para seu debate e aprobación, se procede, na videnira sesión plenaria da Corporación Municipal, Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, presentou este sábado día 4 de xullo de 2009, no Concello de A Guarda, unha moción (rexistro de entrada nº 4918), na que afirma o seguinte:
Dende distintos puntos de Galicia, distintos colectivos sociais e educativos están reclamando que non se modifique o sistema actual sobre a gratuidade dos libros de texto, considerando que a modificación que se pretende dende a Xunta, é un ataque a educación pública e convírtindo nunha inxusticia social o novo sistema.Por elo, dende o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a plantexar o respaldo do Pleno Municipal as reivindicacións da Plataforma da Comunidade Educativa Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto, que dí:
Os pais e nais do alumnado do ensino obrigatorio público e concertado galego, xunto co resto da comunidade educativa, ante as declaracións do Sr. Conselleiro de Educación sobre a intención da súa Consellería de modificar o sistema actual de gratuidade dos libros de texto, manifestamos que:
- A gratuidade do ensino é un dereito consagrado na lexislación vixente.
- A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social de todos os galegos.
- A intención do goberno galego de reducir gastos educativos, argumentada na crise económica, non debe afectar á gratuidade dos libros de texto, condición necesaria para acceder á igualdade de oportunidades na educación.
- Dende hai 3 anos, todo o alumnado do ensino obrigatorio, en condicións de igualdade, recibe en préstamo os libros de texto que vai necesitar ao longo do curso escolar. Unha vez rematado o curso, os nenos devolven os libros, que serán usados ao ano seguinte por outros alumnos. Pasados 4 anos, os libros son renovados.
- Todo isto significa que durante catro anos a administración non realiza novos investimentos, polo que, ao noso modo de ver o cambio do sistema de préstamo ao de libros en propiedade ten como único obxectivo o beneficio das editoriais, non entendendo o pretendido aforro económico.
- O sistema de préstamo supón a implicación dos alumnos no coidado dos libros, fomenta a solidariedade e o respecto aos bens públicos, e da paso adiante na defensa do noso patrimonio ecolóxico.
- Por outra banda, non entendemos as formas da Consellería de Educación, que pretende impoñer unha política de feitos consumados durante a época estival, perxudicando directamente ás familias.
En consecuencia, solicitamos da Xunta de Galicia que manteña o sistema de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio que se implantou en Galicia no curso 2003/04, negándonos rotundamente a mercar os libros de texto para o novo curso escolar se non temos garantías de que a gratuidade é universal.
Respaldo a Campaña de Recollida de sinaturas nos distintos centros educativos e na vía pública a fin de conseguir un cambio na postura da Consellería de Educación.
Respaldo a tódalas campañas que se desenvolvan ata lograr o obxetivo da gratuidade dos libros de texto.
A Guarda, a 04 de xullo do 2.009
Celso R. Fariñas

Ningún comentario:
Publicar un comentario