18 de xuño de 2009

XERATRIUM NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA, E XEROCK EN ASPACE (SADA)

Na fotografía, un momento da representación da obra no Centro Cultural de A Guarda
Carlos G. Blanco / A Guarda
Día intenso hoxe no San Xerome. A primeira hora da mañán o grupo XEROCK, desplazouse a vila de Sada para participar nun Festival organizado pola Asociación ASPACE de atención a persoas con parálise cerebral.

Hoxe tamén as 12 h. no Centro Cultural da Guarda, en presenza do alcalde da vila , do concelleiro de tráfico do xefe da Policía local, de responsables da Dirección Xeral de Tráfico e alumnos do Colexio PP. Somascos e do Centro San Xerome, fíxose a estrea oficial da obra “Cabaré da rúa”, representada polo grupo de teatro Xeratrium do Centro San Xerome.

O obxectivo da representación era a participación no Concurso de teatro sobre educación vial, organizado pola DXT, e no que o grupo guardés é finalista xunto con outros 6 grupos de teatro do estado español. Nos próximos dias coñeceremos o veredicto do xurado presente hoxe no Centro Cultural, unha vez visione o resto das obras finalistas.

Ficha técnica da obra

Sinopse:
A peza é un cabaré con difertentes números; musicais, de maxia, de clown, de baile. . . Onde o fío conductor é unha rúa na que descubrimos que os feitos cotiás poden ser sublimes se os ollamos con atención.

Reparto:
- Vagabundo: Iván.
- Obreiro-clown: Fabio.
- Obreiro-clown: Manuel Ángel.
- Capataz-forzudo: Jaime.
- Mago: Pedro.
- Axudante do Mago: Rosa.
- Bailarina Tropical: Mayte.
- Bailarina Tropical: Cecilia.
- “Gorrilla”- Bailarín: Ramón.
- “Gorrilla”-Bailarina: Sally.
- Policía: Juan Carlos.

EQUIPO TÉCNICO-ARTÍSTICO:
- Escenografía: San Xerome.
- Vestiario: San Xerome.
- Iluminación: Álex
- Espazo Sonoro: Irene
- Producción: San Xerome e Xerpo Cultural.
- Axudante de Dirección: Moisés.
- Axudante de Producción: Nuria.
- Dirección: Irene

Ningún comentario:

Publicar un comentario