18 de xuño de 2009

Nova peza engadida en Flocos.tv: Sempre Xonxa

Flocos.tv
Estreamos nova peza en Flocos.tv: Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989) . Podes botarlle unha ollada aqui.

SIPNOSE

Xonxa, Pancho e Birutas medran xuntos. Xa na adolescencia Birutas emigra a México e durante dez anos non hai noticias del. Ao cabo dese tempo, ben traxeado e dono dun bo coche, regresa a aldea coa certeza de que Xonxa o agarda... Pero Xonxa e Pancho casaron xa vai para tres anos e teñen unha filla “Xonxiña”. Birutas convence ao seu amigo de que na aldea non hai futuro e ofrécelle un posto de home de confianza á fronte dalgún dos seus negocios.
Director: Chano Piñeiro
Intérpretes: Uxía Blanco, Roberto Vidal Bolaño, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Rosa Alvarez, Miguel ïnsua, Manuel Botana, Xavier Lourido, Rodrigo Roel, Roberto Casteleiro, Loles Leon, Aurora Redondo.
Duración: 108´ 35”
Ano: 1989
Biografía de Chano Piñeiro
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario