13 de xuño de 2009

GALICIA


A Xunta realizará un inventario e estudio das infraestruturas tradicionais de carácter hidráulico e industrial de Galicia



Os traballos desta iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comezarán este mes e serán realizados pola empresa Ute Iceacsa-Ain active, S.L.

No proxecto analizaranse fontes documentais como o inventariado de recursos bibliográficos, o baleirado de fontes documentais anteriores ao século XVIII, a consulta de fontes arquivísticas pertencentes ao séculos XIX e XX.

En canto se dispoña dun informe sobre a situación histórica das Infraestruturas Hidráulico Industriais nos ríos de Galicia realizarse unha diagnose de cada unha das concas.

Infogauda / Santiago de Compostela

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a traballar na realización dun inventario e estudio das infraestruturas tradicionais de caracter hidráulico e industrial da Comunidade galega.
Esta actuación ten por finalidade resaltar a importancia da preservación das instalacións hidráulicas de tipo industrial abandonadas; sinalar a importancia do valor testemuñal de este tipo de instalacións, como parte da paisaxe cultural producido ao accionar o home e a natureza; e contemplar, no marco do valor testemuñal, que relaciona o pasado co presente, a arquitectura e enxeñería ligada aos usos da auga.
Tamén se procederá a inventariar e clasificar todos aqueles inmobles que sexan testemuñas documentais de natureza histórica, sociolóxica, arquitectónica, artística, científica ou técnica e segundo criterios de autenticidade, calidade e orixinalidade.
A través deste estudo identificaras e localizarase do ben inmoble, investigarse os seus antecedentes históricos e realizarase unha descrición da instalación industrial en desuso. Esta actuación, que levar a cabo Ute Iceacsa- Ain Active S.L., executaranse ao longo dos vindeiros 18 meses e o seu orzamento ascende a 274.130 euros.
Inventario a partir de fontes documentaisO traballo iniciarase partindo da análise de fontes documentais como: o inventariado de recursos bibliográficos, o baleirado de fontes documentais anteriores ao século XVIII, a consulta de fontes arquivísticas pertencentes ao séculos XIX e XX e consultas aos concellos, deputacións e outros organismos afectados.
Unha vez realizado o baleirado das fontes, realizarase unha análise das mesmas para establecer un primeiro inventario de bens de carácter hidráulico-industrial que de lugar á súa clasificación, tanto en función das diferentes temáticas recollidas como das distintas concas hidrográficas de Galicia.Clasificación e avaliación dos bens inventariadosNo momento en que se dispoña dun informe sobre a situación histórica das Infraestruturas Hidráulico Industriais nos ríos de Galicia, procederase a diagnose de cada unha das concas. Así elaboraranse metodoloxías e criterios que permitan establecer rangos de calidade, singularidade e orixinalidade; e valoraranse os inmobles inventariados en base a súa natureza histórica, arquitectónica, científica ou técnica, antropolóxica, sociolóxica.A finalidade desta acción é obter un documento no que se definan que áreas xeográficas albergan certa potencialidade ou interese e se identifiquen aqueles bens que pola súa calidade deberan ser estudados con maior grado de detalle.
Cómpre sinalar que tamén se realizarán visitas aos emprazamentos seleccionados para establecer un primeiro contacto daqueles bens que presenten un maior interese. Nese senso, procederase á identificación e localización dos elementos de maior calidade sobre un soporte cartográfico para a posterior elaboración de fichas individualizadas.
Non obstante, levarase a cabo unha análise detallada daquelas instalacións que destaquen pola súa elevada valoración de calidade arquitectónica, antropolóxica e sociolóxica, así como pola súa potencialidade para desenrolar un uso congruente coas necesidades actuais da sociedade. Outra das avaliacións que se formalizará será sobre a potencialidade das instalacións para a súa conservación e preservación, que quedará reflexada nunha ficha xeral de conservación e restauración.
Por último, levarase a cabo unha análise do marco legal para coñecer toda a lexislación que poida resultar de aplicación no desenvolvemento do presente traballo.
Fonte: Xunta de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario