7 de maio de 2009

OPINIÓN



CANDO HAI INFORMADORES E SERVIDORES


A raíz da sentencia da Audiencia Provincial, e dado que o texto da mesma a compoñen 11 folios, tomouse a decisión de elaborar unha pequena nota, e remitirlla os medios de comunicación que o longo destes case catro anos, con grandes titulares e nalgúns casos, como contraprestación da publicidade abonada con cartos públicos, adicáronse a ser "correa de trasmisión" de quen ostenta o poder municipal. Nalgúns, o asunto xa non era noticia, e polo tanto, o publicaron no medio doutras notas e "cumpliron", consultaron aos acusadores para que se xustificaran e así poder seguir sendo "amigos" no reparto publicitario e manter as esmolas. Pero hai un caso, o do "plumillas" que para non molestar a séu amo, non o puxo nin no medio das necrolóxicas e nin se tomou a decencia de verificar a información ou contrastar as opinións. Nente momento, venme o pensamento a imaxe do anagrama da discografíca "La Voz de su amo".

Na sentencia, nun dos séus punto dí: "(...) la voluntad de los procesados va dirigida solamente a cumplir el requisito formal. El dolo falsario es la intención maliciosa o elemento subjetivo del injusto, que mal puede concurrir cuando no se persigue ninguna finalidad ilegal, ni siquiera amoral (...)".

E noutro dí: "(...) Es así que tampoco aquí cabe concluir que el acusado Sr. Rodríguez Fariñas al dar su conformidad a las facturas y el Sr. Alcalde-Presidente al remitirlas a los organismos requirientes, persiguieran una finalidad ilegal y ni siquiera inmoral, finalidad que por otra parte tampoco se alega por las acusaciones (...)"

¿ENTON DE QUE NOS ACUSABAN? POR FACER O QUE ERA A NOSA OBRIGA DE PEDIR SUBVENCIONS PARA FACER COUSAS POLO NOSO POBO?

"(...) Particularmente el Ministerio Fiscal en su escrito de acusación afirma que la única finalidad perseguida era la de no perder la subvención que exigía justificar las obras antes del 15-10-2005 (...)".

Cando unha persoa, asume a responsabilidade de traballar como CORRESPONSAL (él a veces presume de periodista, iso quédalle mellor no Curriculum vitae), debe cumplir a función de INFORMAR, non o de opinar intencionadamente dende unha posición. Debe (debería) ser a voz e os ollos da zona da que é responsable e comunicar o que acontece dende tódolos ámbitos do mundo cultural, deportivo, social, sindical, etc., e non só dos que lle dan esmolas a través da publicidade.

Creo que é o momento en que o pobo sepa canto vale o séu servilismo, xa noutra época dende a Alcaldía, cún bolígrafo de prata e 100.000,oo ptas., o calaron, e agora "come na mán" de quen nos Presupostos Municipais/2009, no Apartado de SUBVENCIONS A ENTIDADES CULTURAIS, PARTIDA 451.489.00, aparece Antón Ferreira Lorenzo ??????. 600,oo ?

¡A VERDADE E QUE EN CASE 10 ANOS NON SUBIU A COTIZACION!!! E iso, que quen suscribe, conseguiu que non se levara adiante, a irregularidade de porlle un soldo sin ter a titulación necesaria para que vivira a conta do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, a través do cal, pretendían contratalo durante longos períodos de tempo, cando estudiantes de Turismo e Guías titulados da nosa localidade están no paro.

Non quero opinar do "informativo que ten na rede", é seu xoguete e con él fai o que quer, pero no xornal para o que traballa/colabora e noutros medios, o valor da súa información é o que é. O medio escrito, tiña que estudiar por que non consigue implantarse nesta zona, e si non fora polos que regalan, a cousa podía ser peor.


A Guarda, a 05 de maio do 2.009

Celso R. Fariñas
Portavoz do Grupo Municipal
Te-Ga/INICIATIVA VECIÑAL
A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario