15 de maio de 2009

O ROSAL

O ARQUEÓLOGO VENEZOLANO ALEXI ROJAS IMPARTIRÁ UN OBRADOIRO DE PINTURA LÍTICA NO ROSAL



Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
Grazas ás xestións da concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, os días 15, 16 e 17 de maio, o recoñecido mestre Alexi José Rojas Guerra, director do Museo Arqueológico Marapa (Estado Vargas, Venezuela) impartirá no Rosal un obradoiro de "Pintura Lítica". Inventor desta novidosa técnica (pintura elaborada artesanalmente a base de pedra triturada e pulverizada), o Sr. Rojas está de xira por Europa achegando as manifestacións rupestres internacionais, nacionais e mesmo de cada rexión que visita á xente interesada na temática. A inauguración deste obradoiro será o venres 15 de maio ás 11 h da mañá na Sala de Exposicións do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario