Flocos.tv
Estreamos novo ciclo en Flocos.tv Visualización arquitectónica coas curtas:
Castro de Elviña. Recreación virtual (1997)
Catedral, Santiago s.XVIII (1999)
Vía nova (2001)
Patrimonio histórico: Castro de Viladonga (2008)
Acrópolis (2001)
CASTRO DE ELVIÑA. RECREACIÓN VIRTUALTraballo realizado en colaboración coa empresa Dygra Films e a instancias da Concellaría de Urbanismo da Coruña. Esta produtora realizou unha interpretación do estado orixinal do castro, hoxe en ruínas, e solicitou a colaboración do videaLAB para adaptar o modelo realizado por eles de xeito que puidese ser mostrado en tempo real, facilitando así o percorrido á vontade do usuario.
Para engadir maior realismo, a aplicación informática que visualiza o modelo incorporou os últimos shaders dispoñíbeis no actual hardware gráfico, de maneira que se poden observar texturas con rugosidade, lume, fume, etc. Todo iso dota a simulación dun aspecto altamente realista, buscando os límites do que pode ser hoxe obtido en calidade visual para tempo real.
Director: Grupo de Visualización Avanzada
Duración: 6´ 47”
Ano: 1997
Dygra Films
videaLAB
CATEDRAL, SANTIAGO s. XIIIA realización dun modelo dixital en tres dimensións dun edificion histórico coma o que nos ocupa conleva un problema especial. Ao reto que xa de por si comporta a creación dunha malla de tal complexidade xeométrica únese o desexo de crear un obxecto virtual cuxos elementos posúen o rigor e a precisión necesaria como para facer del unha ferramenta axeitada para o estudo científico, a divulgación histórica e a recreación fiel do pasado. O obxectivo, pois, centrouse en conseguir xa non un modelo virtual, senón unha ferramenta narrativa baseada na xeometría.
Director: Grupo de Visualización Avanzada
Duración: 7´ 47”
Ano: 1999
videaLAB
VIA NOVADocumental con video e diapositivas sincronizadas sobre a romanización de Galicia e recreación do campamento de Aquis Querquennis. Produción feita para o museo e centro de interpretación de Baños de Bande, Ourense.
Intérpretes: Ignacio de la Cierva
Duración: 8´ 26”
Ano: 2001
Tresdeseos

PATRIMONIO HISTÓRICO. CASTRO DE VILADONGA
O castro de Viladonga é un dos depósitos castrexos máis afamados do país. Esta curtametraxe permítelles aos visitantes do museo do castro coñecer en detalle o asentamento tal e como estaba no seu período de máximo apoxeo.
Director: Ignacio de la Cierva
Duración: 11´ 50”
Ano: 2008
Tresdeseos


Ningún comentario:
Publicar un comentario