5 de maio de 2009

Nova curta engadida en Flocos.tv: Cal viva, cal morta, a derradeira festa

Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: Cal viva, cal morta, a derradeira festa, de Mariano Casas, Duarte Fernández (2007). Podes botarlle unha ollada aquí.
SIPNOSE
Documental sobre o proceso de elaboración da cal, co sistema tradicional denominado caleira, dende que se recolle a pedra ata que se queima, obtendo así a cal viva.
O oficio dos antigos caleiros é un oficio que está a piques de desaparecer, xa que apenas quedan dous homes que posúen ese coñecemento tradicional (os fornos deixaron de traballar a principios dos 70). Polo tanto, os protagonistas non son actores, son as propias persoas da parroquia de Masma (Mondoñedo), e a elas é presisamente a dedicatoria e o compromiso deste documental, que pretende darlles vida novamente a estas construccións que datan do século XVIII e que tiveron tanta importancia no desenvolvemento económico da zona na primeira metade do s. XX.
Director: Mariano Casas, Duarte Fernández
Duración: 48´10”
Ano: 2007
Blog de Mariano Casas
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario