INFORMACIÓN OU DESINFORMACIÓN?
Infogauda / A Guarda
O rótulo que reproducimos leva anos no seu emprazamento. Desde aquela, en que presidía o Concello de A Guarda, Purificación Álvarez Álvarez ata hoxendía pasaron outros rexidores, pero a ningún deles - nin dos seus colabouradores - se lles ocorreu da-las instruccions pertinentes para que o cartel cumpla coa función para a cal foi instalado: informar.
A vista do texto que presenta, na planta baixa do inmoble hai unha cafetaría e o Museo Etnográfico do Mar está na segunda. Ningunha desas informacións - entre outras - é correcta. Polo tanto o devandito rótulo máis que informar desinforma. A pesares de todo, o rótulo continúa "facendo a labor" para cal foi creado. ¿E que desde o Concello de A Guarda, nin goberno nin oposición se decataron da necesidade de rectificar o contido dese rótulo? ¡¡Pois xa vai sendo hora!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario