11 de maio de 2009

BUZÓN DOS LECTORES DE INFOGAUDA

CARTA - FOTO DENUNCIA

Na imaxe, facilitada a Infogauda, por Anselmo Martínez Pena, pódese apreciar o lamentable estado no que se atopa o inmoble que noutrora estivo adicado a vivendas dos mestres.
A Guarda
AINDA ESTAMOS A TEMPO


A que corresponda dos nosos GOBERNANTES locais.

Situación:
Rúa Puerto Rico (Casa dos mestres Antigo Colexio Rodríguez Sinde)

Explicación:
O ano pasado, un mes antes, de celebrarse o campionato de Xadrez “Concello da Guarda” que se fai no Recreo Artístico Guardés, falei cun Concelleiro do partido que goberna dicíndolle que aquelas persianas que están case enfronte do Recreo con tanta roña daban unha imaxe moi pouco favorecedora nunha vila que pretendemos sexa visitada "por moitos turistas".

Chegou o mes de maio e celebrouse o dito campionato de Xadrez. Dado o gran número de participantes que veñen acompañados das súas familias aquela calle está todo o día con xente forasteira paseando e cando pasan por diante desas persianas cheas de merda fan uns comentarios nada agradables ao noso pobo.

O chegar a noite dese mesmo día este que lles escribe, na entrega de premios, fala co Sr. Alcalde e coméntalle o estado das persianas ao que o Sr. Alcalde con moi boas palabras promete que iso desaparecerá pronto (refírome a roña).

Pois ben xa pasou un ano. O vindeiro sábado día 16 do presente mes celébrase, de novo, no Recreo Artístico Guardés o Campionato de Xadrez Concello da Guarda. De seguro que nos vamos a volver a encontrar e voume a sentir un pouco incómodo se todo segue igual.

Quedan tres días. Querendo, pódese facer moito e iso non é tanto. Nas vosas mans queda, e espero polo ben do pobo que se cambie esa imaxe tan porqueira, nunha calle tan céntrica.

Atentamente,
Anselmo Martínez Pena
Presidente do
Recreo Artístico Guardés

Ningún comentario:

Publicar un comentario