30 de abr. de 2009

O ROSAL

FEDRA ALCARAZ DENSENVOLVEU UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NO "RINCON DO CONTO", DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ROSAL
Informa: Concello do Rosal
Fotografía: Juan Ramón Martínez Barbosa
O mércores 29 de abril e organizado pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo, tivo lugar un "Contacontos" a cargo de Fedra Alcaraz, veciña de Fornelos. Preto da trintena de nenos e nenas disfrutaron dos relatos de Fedra no "Rincón do Conto" da Biblioteca Municipal do Rosal. A seguinte cita será o día 2 de maio ás 20:30 horas no Auditorio coa proxección da película "O partido", dentro do ciclo "Cinemas dixitais", dedicado ao cine en galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario