

Fotografías: Honorio Rodríguez Álvarez
A SEMANA SANTA GUARDESA A TRAVERSO DA CÁMARA FOTOGRÁFICA DE HONORIO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
A SEMANA SANTA GUARDESA A TRAVERSO DA CÁMARA FOTOGRÁFICA DE HONORIO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
Infogauda / A Guarda
Coa procesión das Dores, na noitiña do pasado venres deron escomenzo os actos da Semana Santa, que terán nos vindeiros Xoves, Venres e Sábado Santos, os intres máis intensos, especialmente coas procesións que adoitan seren moi concurridas por numerosas persoas, nomeadamente de A Guarda, e que tamén son presenciadas por milleiros de persoas, chegadas de moitos lugares da Península Ibérica e mesmo de máis alá dos Pirineros.
Grazas a labor de tódalas confrarías, en xeral, e de xeito especial a da Pasión, a Semana Santa guardesa foi a máis, como se pode comprobar achegándose até A Guarda nestas datas. Namentras non chegan eses días nos que se conmemora a Pasión, Morte e Resurrección de Cristo, ofrecémoslle unha galería fotográfica con imaxes das procesións da Semana Santa de 2008, tomadas polo prestixioso fotógrafo guardés Honorio Rodríguez Álvarez. Premer aquí para olla-la.


Ningún comentario:
Publicar un comentario