3 de abr. de 2009

A GUARDA: O MONOLOGUISTA OSWALDO DIGÓN ACTUARÁ HOXE NAS "NOITES DE MONÓLOGOS", DO THE CELTIC HARP

Infogauda / A Guarda


O monologuista Oswaldo Digón, natural de San Román de Cervantes, actuará este venres día 3 de abril, ás 23:30 h. no The Celtic Harp. A actuación deste artista galego forma parte da programación "Noites de Monólogos", que a dirección da cafetería, cervexaría e restaurante The Celtic Harp (Rúa do Porto, nº 35), de A Guarda, ven desenvolvendo e que conta con moi boa acollida do público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario