O Pleno aprobou hoxe a exposición pública do proxecto, os bens afectados e solicitarlle á Xunta a urxente ocupación dos terreos
Infogauda / O Condado
O Pleno celebrado hoxe na Deputación aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos o proxecto de mellora da intersección Rubios-Tortoreos (As Neves). Así mesmo, aprobou a exposición pública do mesmo e o expediente expropiatorio a efectos de posibles reclamación; e a declaración de utilidade pública da obra. O Pleno acordou tamén solicitarlle á Xunta de Galicia a declaración da urxente ocupación dos bens e terreos afectados.
Concretamente, esta actuación afectará a dous propietario e ós seguintes bens: 100 metros cadrados de superficie ocupada; 27 metros cadrados de céspede; 2 arbustos; 2 palmeiras; un pozo artesán de 7 metros de profundidade; 1 pozo de barrena; 15 metros cadrados de superficie enlousada en pedra; 25 metros cadrados enreixado de ferro; 22 metros cadrados de muro de formigón; 48 metros cadrados de muro de formigón revestido en pedra; e un portal de corredera automático.

Construción dunha rotonda e beirarrúas
O proxecto de mellora da intersección Rubios-Tortoreos precisará un investimento de 123.371 euros dos cales 23.371 euros corresponden ás expropiacións.
Segundo recolle o informe técnico, con esta actuación a Deputación pretende mellorar a seguridade viaria na intersección existente entre o vial Ponteareas-As Neves co vial Rubios-Carrasqueira. A construción dunha glorieta configúrase como a solución técnica máis axeitada que permitirá regular con garantía o tránsito rodado, ó mesmo tempo que servirá para reducir o índice de siniestralidade existente na zona debido á falta de visibilidade. Do mesmo xeito, incrementarase a seguridade vial dos peons nun lugar cunha importante densidade de poboación ó construírse beirarrúas a ambas marxes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario