18 de set. de 2026

A GUARDA

A AULA CEMIT DA GUARDA ABRE AS INSCRICIÓNS PARA OS CURSOS GRATUÍTOS DE INFORMÁTICA  

As actividades de formación dixital, dirixidas tanto a persoas adultas como a nenos e nenas, desenvolverase do 5 de outubro ao 18 de decembro  


Infogauda/A Guarda  

 A Aula CeMIT do Concello da Guarda xa ten abertas as inscricións para os novos cursos gratuítos de informática que se rrealizarán entre os meses de outubro e decembro. A programación inclúe propostas adaptadas tanto para persoas adultas como para nenos e nenas, co obxectivo de facilitar a aprendizaxe e o manexo das novas tecnoloxías.  

 No caso das persoas adultas, a oferta inclúe un curso sobre manexo do ordenador, internet e edición de texto, que se impartirá os martes e xoves, de 11:00 a 13:00 horas. Tamén se ofrece un curso de manexo de teléfonos móbiles intelixentes, os venres de 11:30 a 13:00 horas.  

 Para o público infantil, a Aula CeMIT contará con diferentes propostas formativas pensadas para achegar a informática aos máis pequenos dun xeito práctico e ameno. Os cursos abordarán contidos como informática básica e divertida, internet seguro, edición de texto e outras actividades.  

 As actividades dirixidas á cativada realizaranse de luns a venres, con diferentes horarios para facilitar a conciliación das familias:  

Luns: de 16:00 a 17:30 e de 18:00 a 19:30 horas. 

Martes: de 16:00 a 17:30 horas. 

Mércores: de 16:00 a 17:30 e de 18:00 a 19:30 horas. 

Xoves: de 16:00 a 17:30 horas. 

Venres: de 16:00 a 17:30 horas.  

 Os cursos desenvolveranse do 5 de outubro ao 18 de decembro e teñen carácter gratuíto.  

 As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información a través do teléfono 986 61 18 50, do correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal, ou presencialmente na Aula CeMIT da Guarda ou na Biblioteca Municipal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario