25 de xuño de 2026

TUI

Rosa Mª Vila inaugura unha exposición dedicada á catedral de Tui 

•  A artista tudense presenta nesta mostra un camiño cara ao templo catedralicio nos 800 anos da súa consagración 




Infogauda/Tui

 Este venres, 26 de xuño, ás 20:00 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións a mostra “Camiño á Catedral”, na que a artista tudense Rosa Mª Vila recolle unha escolma de trinta obras en plumilla, plumilla acuarelada, lapis,... dedicadas ao templo catedralicio.  

 Unha exposición artellada arredor dun camiño, un percorrido que comeza nas primeiras vistas da Catedral até o descubrimento do seu interior. Esta viaxe artística convida a observar a súa riqueza artística e arquitectónica a través da mirada de Rosa Mª Vila. A artista define esta mostra como a súa representación da catedral como “símbolo da identidade tudense” nos 800 anos da súa consagración.  

 A exposición estará aberta na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez ata o 28 de agosto, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario