A Deputación organiza este martes no Museo de Pontevedra un concerto de poesía galega musicada a cargo de Francisco Castro e Valerio Araújo
• O espectáculo ‘Poesíacordes’ ccmbina música en directo e divulgación cultural o 30 de xuño ás 19:00 h no Edificio Castelao
Infogauda/Pontevedra
A Deputación de Pontevedra programou para o próximo martes 30 de xuño ás 19:00 h no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra o concerto literario e musical ‘Poesíacordes’, no que o escritor e músico Francisco Castro, acompañado por Valerio Araújo na percusión, realiza un percorrido apaixonante pola mellor poesía galega musicada desde os anos sesenta ata a actualidade.
O espectáculo combina música en directo, divulgación cultural e participación do público nun formato dinámico, emocionante e próximo. Ao longo do concerto, o público poderá escoitar versións renovadas e reinterpretadas de poemas e cancións baseadas na obra de autores fundamentais da literatura galega coma Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra ou María do Carmo Kruckenberg, entre outras. Tamén sonarán composicións propias de Francisco Castro incluídas nos seus discos ‘Agora é tempo’ e ‘Cantos de amor e revolución’.

Ningún comentario:
Publicar un comentario