Partido decisivo pola Liga Galega de Fútbol Gaélico na Guarda
• Mércores, 22 de abril, ás 21:00 horas, no Estadio A Sangriña
Gróvias Futebol Gaélico / A Guarda
Este mércores terá lugar no campo da Sangriña da Guarda o partido decisivo para saber que equipa se fai co título da Liga Galega de Fútbol Gaélico 2026.
Unha vitoria por 10 ou máis puntos da equipa local Gróvias permitiralles conseguir a primeira liga da súa historia.
En fronte estará a equipa ourensá Auriense FG, actual lider da competición, a cal pode permitirse unha derrota por 8 puntos ou menos para saír campionas.
No caso de gañar Gróvias por 9 levaríase a cabo un partido de desempate nun campo neutral.
A emoción está servida, agardámosvos na Sangriña para apoiarnos neste momento tan importante para nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario