13 de abr. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

CINCO OUROS PARA OS TEIXUGOS NA II COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  


Integrantes do Club Deportivo Miño-Teixugos que asistiron a II Copa Galega de Promoción de Slálom

Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Este domingo as augas do río Tea ao seu paso por Cordeiro, en Salvaterra do Miño, acolleron a II Copa Galega de Promoción de Slálom. Deportistas galegos das categorías benxamin, alevín e infantil acudiron a esta cita da Liga Galega de Promoción.  O Club Deportivo Miño-Teixugos levou  a cinco padexeiros.  


Rita Olveira - no centro do podio - gañaou en C1 e tamén en K1

 Rita Olveira dominou as probas de caiac en canoa na categoría infantil, gañando en C1 e K1.  

 En K1 infantil masculino, Lois Montenegro, a punto estivo de facer podio tamén, ao rematar cuarto.  


Roque Olveira, gañou tanto en caiac como en canoa en alevín masculino

 Roque Olveira, repetiu a fazaña da súa irmá, ao gañar tanto en caiac como en canoa en alevín masculino. Tamén en alevín, Brais Vicente rematou quinto en K1.  


Iria Álvarez, gañadora en K1 benxamín

 A máis nova do Club, Iria Álvarez, foi a gañadora da proba en K1 benxamín.  

 Na clasificación por clubs o Deportivo Miño rematou cuarto, pese aos bos resultados, o reducido do equipo non lle permitiu subir ao podio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario