O III Trofeo Ciclista Aser Estévez incluído da Copa Critérium
• Disputarase este domingo, 19 de abril, ás 10:30 horas, na Gándara
Infogauda / A Guarda
Este domingo, 19 de abril, ás 10:30 horas, nun circuíto urbano da Gándara, disputarase o III Trofeo Ciclista Aser Estévez.
Competirán ciclistas de Galicia e Portugal de diferentes categorías: promesas, principiantes, alevíns, infantís, cadetes, féminas, juniors, masters, elite e sub-23.
O III Trofeo Ciclista Aser Estévez forma parte da primeira edición da Copa Critérium, sendo un evento ciclista para promover o deporte en categorías de base e absolutas. As probas serán puntuables e reúne as carreiras xa existentes: Trofeo Aser Estévez, o Gran Premio Orpagu e o Gran Premio Concello de Oia.
Con motivo desta actividade deportiva o domingo pola mañá produciranse cortes de tráfico na Gándara.


Ningún comentario:
Publicar un comentario