A escola Attitude vair presentar o seu festival de primavera
O domingo, 19 de abril, ás 18:30 horas, no pavillón municipal da Sangriña
Infogauda / A Guarda
A escola Attitude vai presentar o seu festival de primavera. Será este domingo, 19 de abril, ás 18:30h no pavillón municipal da Sangriña.
Haberá coreografías dos grupos de todas as idades, desde os 3 ata os 20 anos.
O evento tamén contará coa participación de escolas invitadas, o que aportará outras propostas, diferentes estilos e máis diversidade a este festival.
A entrada ao pavillón da Sangriña será de balde e haberá sorteos e cantina cuxa recadación irá destinada á axuda da viaxe a Cartagena para a súa participación no Concurso Nacional.

Ningún comentario:
Publicar un comentario