16 de xan. de 2026

TUI

A ADAPTACIÓN PRESENTARASE O VINDEIRO XOVES 22 EN TUI 

“La familia de las curanderas”, de Marisa Castro, novo título da colección de Literatura Accesible de Hércules  

  Trátase dun proxecto que busca garantir que a lectura sexa fácil de entender para todos.  


Marisa Castro, autora da novela “La familia de las curanderas”


Infogauda / Tui

 Tras a publicación de Palabras de pedra en 2024, chega ás librarías o segundo título da colección “Literatura accesible” de Hércules de Ediciones. Trátase da adaptación da novela de Marisa Castro, que tanto éxito leva acadando desde a súa publicación en 2022, e que leva o título de La familia de las curanderas. 

 A obra foi adaptada na súa edición en castelán polo “Laboratorio del lenguaje accesible” (LLAC), integrado pola experta Cristina Sola e Ana Belén Luis e polos lectores que validan o traballo que ela vai facendo, de maneira que o resultado sexa unha adaptación colaborativa. A tradución ao galego foi realizada por Jesús Meiriño, da Universidade de Vigo, que conta cun departamento especializado en obras de lectura fácil.   

 Coa publicación deste título, Hércules de Edicións segue apostando por proxectos que non só enriquecen o panorama literario, senón que tamén promoven a comprensión e o respecto cara á diversidade. Este compromiso contou co apoio da Xunta de Galicia, e salienta a importancia dunha literatura inclusiva na comunidade galega.  

INFORMACIÓN DA PRESENTACIÓN 

Data: Xoves, 22 de xaneiro 

Hora: 18:30 h 

Lugar: Biblioteca Pública de Tui. Sala Félix 

Participantes: 

• Marisa Castro, autora 

• Cristina Sola e Ana Belén Luis, adaptadoras (Laboratorio de Lenguaxe Accesible (LLAC) 

• Jesús Meiriño, traductor. Universidade de Vigo 

Ningún comentario:

Publicar un comentario