O CENTRO DE FORMACIÓN AIXOLA IMPARTIRÁ UNHA FORMACIÓN EN RESTAURACIÓN DE EMBARCACIÓNS MENORES
• Comezará o día 5 de febreiro de 2026
Culturmar / Marín
O Centro de Formación Aixola está a piques de iniciar unha formación en restauración de embarcacións menores en madeira (350 horas) o 4/02/2026 en horario de tarde polo que rogamos difusión por se algún soci@ estivese interesad@ en formarse na reparación de embarcacións de madeira, e poder aplicar eses coñecementos as embarcacións da asociación.
COMPETENCIAS XERAIS
O alumnado aprenderá a avaliar e reparar danos en estruturas, superficies e acabados de madeira. Ao final do curso, o alumnado comprenderá como realizar reparacións eficaces e acabados profesionais en embarcacións de madeira, aplicando criterios de calidade e cumprindo as normas de seguridade laboral e protección ambiental.
CONTIDO
MÓDULO 1 Prevención de Riscos Laborais no Posto de Traballo
MODULO 2 Preparación de espazos e Saneamento de pezas a reparar
MÓDULO 2B Elaboración de patróns
MÓDULO 3 Elaboración de pezas a substituir
MÓDULO 4 Montaxe de pezas
MÓDULO 5 Selado e acabado de pezas
PREINSCRIPCIÓNS:
Ningún comentario:
Publicar un comentario