26 de xan. de 2026

DEPORTES

ATLETISMO

Prata para Ainoa Conejo Bascoy, e bronce por equipos Sub14, en Ribadavia 


Ainoa Conejo Bascoy - á esq. - no podio, coa súa medalla de prata
Podio da categoría Sub 14, na que o equipo da Sociedade Atlética do Trega alzouse co bronce por equipos
Equipo de cross sub14, formado por: Martin Piñeiro, Xoel Pérez, Hugo Rodríguez, Martin Rodríguez e Amancio Cortiñas
Fotos: S.A. do T.


Redacción Deportes / A Guarda 

 A Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) conseguiu dous importantes resultados no Campionato Xunta de Galicia de Campo a través Sub14 – Sub12 – Sub10 2026, celebrado o sábado 24 de xaneiro en Ribadavia, nunha xornada marcada polo barro e a choiva. 

 Na categoría Sub 10 feminina, a atleta Ainoa Conejo Bascoy, de A Guarda, logrou unha brillante medalla de prata, proclamándose subcampioa individual. 

 Na categoría Sub 14, o equipo da Sociedade Atlética do Trega alzouse co bronce por equipos, coas seguintes posicións individuais: 

- Hugo Rodríguez Gómez (Gondomar) – 11.º 

- Martín Rodríguez Castro (O Rosal) – 22.º 

- Xoel Pérez Montero (Tomiño) – 23.º 

- Amancio Cortiñas Diego (O Rosal) – 25.º 

- Martín Piñeiro Casaleiro (Tomiño) – 54.º  

 Un excelente resultado colectivo nunha competición de gran esixencia e nivel.  

 "Desde a Sociedade Atlética do Trega felicitamos aos nosos atletas por estes magníficos logros", dixo un portavoz da entidade deportiva baixomiñota.

Ningún comentario:

Publicar un comentario