20 de xan. de 2026

A GUARDA

O desfile de Entroido, da Guarda celebrarase o venres 20 de febreiro  

Os grupos de máis de 4 persoas deben inscribirse do 3 ao 11 de febreiro 

 



Infogauda / A Guarda

 O Entroido xa asoma na Guarda e estamos a un mes do desfile, que será o venres 20 de febreiro ás 20:30 horas.  

 Comparsas, carrozas, grupos...percorrerán as rúas da Guarda enchéndoas de cor e música. O prazo de inscrición é do martes 3 ao mércores 11 de febreiro, ambos incluídos, a través do rexistro ou da sede electrónica.  

 Haberá percepción económica para os grupos, comparsas e carrozas, apoiando o seu esforzo e traballo. As persoas interesadas poden consultar as bases na sede electrónica e na web do Concello.  

 Os grupos pequenos (máx. 4 persoas), parellas e persoas individuais poden participar no desfile sen inscrición previa, cumprindo coas bases establecidas.  

 Desde o Concello de A Guarda animan á cidadanía a ser parte do Entroido da Guarda 2026.

Ningún comentario:

Publicar un comentario