Tras meses de ausencia por avería
O VIDOC volverá á Guarda en febreiro para a expedición e renovación do pasaporte, e do Documento Nacional de Identidade (DNI)
• O martes 27 de xaneiro pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00
Infogauda / A Guarda
Logo de meses de ausencia deste servizo por problemas técnicos, o Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional volverá no mes de febreiro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).
Por ese motivo, o martes, 27 de xaneiro pódese pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte. A petición pode efectuarse de forma presencial, no mostrador de información da planta baixa do Concello de A Guarda, ou chamando ao teléfono 986 61 00 00.
O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na praza do Reló, o mércores, 4 e o xoves, 12 de febreiro. Atenderase de 9:10 a 12:30h, só con cita previa.
Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e débese acudir á cita cunha fotografía, co DNI e abonar as taxas correspondentes do servizo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario