22 de xan. de 2026

A GUARDA

Tras meses de ausencia por avería   

O VIDOC volverá á Guarda en febreiro para a expedición e renovación do pasaporte, e do Documento Nacional de Identidade (DNI)

 O martes 27 de xaneiro pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00




Infogauda / A Guarda 

  Logo de meses de ausencia deste servizo por problemas técnicos, o Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional volverá no mes de febreiro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).  

  Por ese motivo,  o martes, 27 de xaneiro pódese pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte. A petición pode efectuarse de forma presencial, no mostrador de información da planta baixa do Concello de A Guarda, ou chamando ao teléfono 986 61 00 00. 

 O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na praza do Reló, o mércores, 4 e o xoves, 12 de febreiro. Atenderase de 9:10 a 12:30h, só con cita previa.  

 Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e débese acudir á cita cunha fotografía, co DNI e abonar as taxas correspondentes do servizo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario