27 de xan. de 2026

A GUARDA

A rúa Vigo cambia o seu sentido de circulación entre os números 1 e 17 




Infogauda / A Guarda

 Na tarde de hoxe, o Concello de A Guarda remitiu a redacción deste xornal dixital transfronteiriza á seguinte comunicación, que reproducimos literalmente:

 A rúa Vigo modifica o seu sentido de circulación. A medida afecta ao tramo entre os números 1 e 17, é dicir, o tramo da rúa Vigo entre a rúa Galicia e a pequena rotonda da rúa Bechos. Polo tanto, non estará permitido o xiro desde a rúa Galicia cara a rúa Vigo.   

 A partir do día 2 de febreiro o sentido será ascendente, desde a rúa Bechos cara a rúa Galicia. Deste xeito, facilítase a saída de vehículos desde Camposancos e da rúa Bechos cara a estrada de Tui. Desde a rúa Vigo permitirase o xiro á esquerda e a dereita na rúa Galicia.  

 Como alternativas para a conexión da rúa Galicia con Camposancos continúan as rúas Baiona e Julia Vaquero. Este cambio de sentido coincide co inicio das obras da rúa Rosalía de Castro. 

 “Sabemos que a peonalización de Rosalía de Castro era un tema que preocupaba aos condutores” afirma ao alcalde, Roberto Carrero, “e con este cambio búscase desconxestionar o semáforo da rúa Julia Vaquero facilitando a saída cara a estrada de Tui desde Camposancos”.  

 Rogamos aos condutores seguir as indicacións das sinais de tráfico e das liñas da estrada

Ningún comentario:

Publicar un comentario