A Xunta de Galicia destaca as oportunidades de colaboración transfronteiriza entre a mocidade galega e portuguesa a prol do emprendemento
Foto: X.G.
Infogauda / Vigo
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Vigo na apertura da xornada Networking transfronteirizo, organizada por AJE Galicia e destinada a fortalecer a cooperación e as alianzas estratéxicas entre a mocidade empresaria de Galicia e do norte de Portugal.
O secretario xeral louvou esta iniciativa como punto de encontro para impulsar o crecemento económico e fomentar o intercambio de experiencias entre ambos lados da fronteira, salientando a importancia de seguir creando oportunidades e conexións entre Galicia e o norte de Portugal que revertan na innovación e na xeración de emprego. Ademais, puxo en valor o firme apoio da Xunta ao emprendemento, con iniciativas clave como a Rede de polos de emprendemento, que conta con 15 oficinas repartidas por toda Galicia. Pola súa parte, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, subliñou na clausura do evento a aposta do Goberno galego pola colaboración transfronteiriza en materia de emprendemento e destacou Es-Factory, a rede de aceleradoras de economía social creada para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do norte de Portugal. Esta iniciativa está liderada pola Xunta no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
Ningún comentario:
Publicar un comentario