14 de out. de 2025

TUI

A XUNTA DE GALICIA INVISTE 120.000 EUROS NA MELLORA DO TRATAMENTO DOS RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL DO CONCELLO DE TUI  

 O concello adquirirá grazas a esta achega novos contedores para o punto limpo municipal, ademais de dous novos puntos limpos móbiles 

 Esta liña de axudas beneficiou a un total de 24 concellos da provincia de Pontevedra, tres deles da comarca do Baixo Miño

 O total investido na provincia supera os 900.000 euros  


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o punto limpo do concello de Tui
Foto: X.G.

Infogauda / Tui 

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o punto limpo do concello de Tui, que foi un dos beneficiados polas axudas da Xunta a entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.   

 Así, o concello de Tui recibiu un total de máis de 120.000 euros repartidos en dúas liñas de actuación. Como parte da liña destinada á adquisición de puntos limpos móbiles, o concello recibiu 81.000 euros cos que xa licitou a adquisición de dous destes puntos limpos que se colocarán de forma rotativa polas distintas parroquias.   

 Por outra banda, a través da liña destinada a melloras nos puntos limpos fixos, o concello recibiu preto de 41.000 euros que destinou á adquisición de novos grandes contedores de almacenamento.   

 O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar o compromiso da Xunta cun tratamento responsable dos residuos e asegurou que “a administración autonómica estará sempre disposta a colaborar cos concellos nesta área porque entendemos que é unha prioridade que afecta directamente á calidade de vida dos galegos e galegas”.   

 Cabe destacar que estas axudas beneficiaron a un total de 24 concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 900.000 euros. Na comarca do Baixo Miño foron tres os concellos beneficiados. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario