14 de out. de 2025

O BAIXO MIÑO

A GUARDA, TOMIÑO E TUI SÚMANSE AS MOBILIZACIÓNS POR PALESTINA, O 15 DE OUTUBRO 




Plataforma Baixo Miño por Palestina

 A plataforma Baixo Miño por Palestina fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para este mércores 15 de outubro pola Coordenadora Galiza por Palestina. No Baixo-Miño celebraranse concentracións ás 20 horas na praza Avelino Vicente, na Guarda; na praza do Seixo, en Tomiño; e na praza da Inmaculada, en Tui. 

 Estas convocatoria de mobilizacións, feita antes do acordo de cesamento do fogo, mantense para amosar a solidariedade co pobo palestino e para deixar patente unha vez máis que non o imos deixar abandonado. 

 Desde a plataforma Baixo Miño por Palestina consideran que o alto ao fogo debe servir para redobrar esforzos para reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal así como medidas políticas e económicas reais e efectivas contra o Estado sionista de Israel e pola reconstrución de Palestina. 

 A Plataforma convida tamén a participar na xornada de folga, paros e mobilizacións convocada polas organizacións sindicais para ese mesmo 15 de outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario