28 de ago. de 2025

GALIZA

‘Por un monte galego con futuro’ convoca unha mobilización nacional para esixir medidas que eviten outra vaga de lumes 

 A manifestación terá lugar en Santiago o vindeiro 14 de setembro



 

Plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ / Galiza

 Tras o éxito das máis de 30 concentracións celebradas por todo o país o pasado 21 de agosto contra a política forestal do Goberno galego, a plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ vén de anunciar a convocatoria dunha nova protesta, nesta ocasión para esixir a aplicación de medidas que eviten outra vaga de lumes e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios.  

 Esta nova iniciativa da plataforma -integrada por máis de medio cento de asociacións, colectivos e organizacións e que naceu en 2018 para promover varias ILP de protección do bosque autóctono e de racionalización da xestión do monte e para amosar a súa oposición ao último Plan Forestal da Xunta- consiste nunha manifestación nacional que terá lugar en Santiago o vindeiro domingo 14 de setembro, con saída dende a Alameda ás 12:00 horas.  

 En próximas datas convocaremos unha rolda de prensa para presentar con máis detalle todo o que arrodea a esta mobilización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario