O director xeral de emerxencias e o xerente de Axega reúnense co comandante naval do Miño
• Para mellorar a coordinación dos efectivos de emerxencias
Foto: X. G.
Infogauda / O Baixo Miño
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, reuníronse no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia co novo comandante naval do Miño, Víctor García Pozuelo. Na xuntanza abordaron como mellorar a coordinación nas intervencións dos diferentes equipos de emerxencias no río Miño, ademais de amosarlle ao comandante as instalacións e servizos do CIAE 112.
Ningún comentario:
Publicar un comentario