Papá, imos a Tomiño!
Nova campaña do comercio local con tres premios para os seus clientes
Gonzalo Lomba / Tomiño
Imos a Tomiño! Esa é a mensaxe coa que ADETO e os seus asociados convidan aos clientes a facer as súas compras nos comercios, na hostalería e nos servizos de Tomiño. Con ocasión do Día do Pai, ademais, sortéanse tres vales para gastar en tres sectores da economía local.
A campaña, impulsada por ADETO co apoio do Concello de Tomiño e o financiamento da Xunta de Galicia chegará ata o día 21 de marzo, no que se efectuará o sorteo entre todos os clientes que rexistren o seu ticket de compra na web da asociación. Este sistema de participación permite aos clientes rexistrar tantos tickets como desexen desde o seu teléfono móvil de xeito cómodo e rápido.
Entre os participantes sortearanse tres premios de igual valor: un vale para gastar en establecementos de hostalería, un para gastar en servizos de saúde e imaxe personal e outro para empregalo en comercios e outros servizos. Todos estes premios terán validez de un mes desde a súa entrega e serán admitidos en establecementos asociados a ADETO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario