BIEITOSOLO E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS POÑEN MÚSICA NOS LAVADOIROS
• Co impulso de Merchi Martínez Vázquez, presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos
Redacción / Camposancos
"Nos lavadoiros lavábase todo, a roupa e a alma".
Nestes espazos casi esquecidos, comezaron a finais de 2024 en Camposancos unha serie de concertos que continuarán ao longo do 2025: "Música nos lavadoiros".
Unha iniciativa que retoma eses momentos de reunión que arredor da auga acontecían en tempos moi diferentes aos que estamos a vivir. O músico BIEITOSOLO (Bieito Álvarez Carrero) forma parte desta interesante posta en valor impulsada por Merchi Martínez Vázquez, presidenta da Entidade local menor de Camposancos, que xa anteriormente colaborou coa poeta Cristal Méndez e a pintora Gemma Marqués para ilustrar con catro murais distintos lugares de Camposancos no marco do proxecto "Anónimas camposinas" .
Un deses murais foi realizado nun destes lavadoiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario